A Casa da Cultura de Quiroga acolleu a presentación do novo libro de Celia Díaz

O salón de actos, Ánxel Fole, da Casa de Cultura de Quiroga, acolleu este sábado a presentación do novo libro de Celia Díaz, “Todos Calan”.
Ao acto acudiu o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, así como a propia autora, e a charla estivo dirixida por Alejandro Del Pont, quen contou coa colaboración dos seus compañeiros Ramón Vila e Rosa Carreto.
Dende o Concello explican que a Casa da Rodela foi un dos lugares no que Díaz se inspirou para escribir unha novela policiaca na que se desenvolven varias tramas, nas que non faltan, os crimes e os segredos familiares.
Celia Díaz, filla adoptiva de Quiroga, destacou a gran presenza feminina existente na obra, que transcorre polos anos cincuenta na Casa do Souto, tendo como protagonistas varias mulleres de diferentes xeracións, con pensamentos e gustos dispares, acordes a súa idade e condición.