Quiroga acolle este martes un contacontos para público infantil e familiar

RibeiraSacraXa
Será na Casa da Cultura ás 17.30 horas
contacontos-quiroga
30 Dec 2025

O Concello de Quiroga continúa este martes coa súa programación cultural de Nadal cunha sesión de contacontos dirixida ao público infantil e familiar.

A actividade, que comezará ás 17.30 horas, leva por título “En el desván hay un baúl” e estará a cargo da narradora Erica González. O espectáculo propón un percorrido por contos e cancións inspirados na tradición oral, con historias transmitidas de xeración en xeración e un recoñecemento especial á figura dos avós e avoas.

A iniciativa está financiada pola área de Cultura da Vicepresidencia da Deputación de Lugo e forma parte das accións impulsadas polo Concello para dinamizar a oferta cultural durante as festas do Nadal.

⚙ Configurar cookies
0.076879978179932