A Casa da Cultura de Quiroga acolle a primeira Xornada Literaria da Biblioteca do IES de Quiroga

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura de Quiroga acolle a primeira Xornada Literaria da Biblioteca do IES de Quiroga con Antía Yáñez
xornada literaria Quiroga
5 Xuño 2023

Antía Yáñez protagoniza a primeira Xornada Literaria organizada pola Biblioteca do IES Quiroga esta tarde a partir das 16.30 horas nun acto aberto a todo o pobo de Quiroga.

A temática xirará en torno á saúde mental tendo como fío condutor o libro “Non penses nun elefante rosa” da autora galega Antía Yáñez, o último libro lido polo Club de lectura de adultos do instituto.

Durante a xornada organizarase unha mesa redonda onde moderará a coordinadora do club de lectura do IES, Aldara Pérez González e estará composta por membros de diferentes ámbitos para dar unha visión máis completa da saúde mental: a autora do libro, dous representantes do alumnado, Laura Álvarez como mebro do club de lectura de adultos, Almudena Rodríguez como representante dos pais e nais do centro e Marisa Castro, directora do CIM de Quiroga.

Na mesa redonda, que terá lugar na Casa da Cultura abordaranse cuestións como canto custa ir ao psicólogo; se soamente é necesario ir cando tes unha enfermidade mental; que é o TOC; que pensan os nosos adolescentes da saúde mental ou se é importante para os pais e nais a saúde mental.

Estas preguntas e ideas que se exporán e debaterán durante a mesa redonda foron redactadas polo alumnado do club de lectura do IES de Quiroga e a velada aberta a todo o público rematará coa firma de libros da escritora Antía Yáñez.

xornada literaria Quiroga
0.081675052642822