A casa da cultura de Chantada expón a obra de pintura de Jorge Andrés Serrano Mato
A casa de cultura de Chantada estrea unha nova proposta. O artista Jorge Andrés Serrano Mato expón a súa obra neste espazo durante todo o mes de febreiro. Os que se queiran achegar para gozar desta mostra poderano facer ata o vindeiro 28 de febreiro.
Poderá visitarse en horario de luns a venres de 10.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 20.00 horas. Os sábados mantense o horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas. Serrano, que é licenciado en Belas Artes e exerce como profesor de pintura, conta cunha ampla traxectoria as súas costas. Entre outros recoñecementos foi finalista do XI Bienal Internacional de Arte Jovem de Vila Verde, Portugal e tamén finalista do certame de pintura Casimiro Sainz.
Ademais, o coruñés tamén foi finalista no concurso de artes plásticas Novos valores de Pontevedra e conseguiu o primeiro premio do concurso de pintura Postais Coruñesas no 2003.