A Casa da Cultura de Chantada acolle unha nova exposición de pintura de Walfraga

RibeiraSacraXa
A Casa da Cultura de Chantada convida así a unha viaxe pictórica por algunhas citas importantes na tradición galega da man da pintura de Walfraga
exposición-pintura-Walfraga-en-Chantada
7 sep 2024

A Casa da Cultura de Chantada acolle unha nova exposición, que foi inaugurada na tarde de onte, venres 6 de setembro, e da que se poderá desfrutar ata o 30 de setembro.

O horario de visitas é de luns a venres de 9.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 18.00 horas; e os sábados, domingos e festivos de 10.00 a 14.00 horas.

A Casa da Cultura de Chantada convida así a unha viaxe pictórica por algunhas citas importantes na tradición galega da man da pintura de Walfraga (Walderine Silva).

A autora, nada en Minas Gerais, Brasil, no 1968, iniciouse na pintura no 1990 e desde aquela ten desenvolto exposicións en Brasil e en España.

Desta banda do Atlántico, en lugares como o Centro Cultural Puerta de Toledo, o Centro Cultural Ayuntamiento de San Martín de la Vega, na Galería de Arte Arquestion de Ourense ou en Amigos da Fundación de Santiago de Compostela. Walderine Silva traballa o estilo académico-figurativo utilizando a técnica de óleo sobre lenzo.

A Chantada trae pezas que nos presentan a Rapa das Bestas, os tradicionais entroidos de Ourense ou pinceladas do noso folclore e da nosa música.

Este 8 de setembro, durante a misa das 12.00 horas na honra á Virxe do Faro, o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, fará entrega das xoias que se elaboraron durante o Obradoiro “Virxe do Faro”, que se desenvolveu na Casa do Losada en Sabadelle, impartido pola ourive compostelá, Susi Gesto.

0.1868999004364