A Carreira Popular de Monforte que se celebra o domingo ten más de 1.000 persoas inscritas
Este domingo terá lugar a XIII edición da Carreira Popular do Concello de Monforte e hai 1.132 atletas apuntados para participar nalgunha das carreiras que forman parte do evento.
Este número de persoas garante “un gran ambiente atlético durante a mañá do domingo”, defenden desde o goberno local.
O número de inscritos/as para cada unha das carreiras é o seguinte:
- Categoría mini: 78
- Categorías prebenxamín: 222
- Categoría benxamín: 130
- Categoría alevín: 123
- Categoría infantil e cadete: 93
- Categoría absoluta: 486
Os máis pequenos serán os que comezarán a competir ás 11.00 horas na categoría mini sobre una distancia total de 80 metros.
Depois, será a categoría prebenxamín, ás 11.10 horas, benxamín ás 11.20 horas, alevín ás 11.30 horas, e infantil – cadete ás 11.40 horas.
A saída da carreira absoluta terá lugar ás 12.00 horas sobre un percorrido de 10.000 metros, no que participarán 486 atletas.
Entre as probas de menores e a proba absoluta establécense un total de 14 categorías, o que dá lugar a un gran reparto de trofeos, xa que os tres primeiros clasificados de cada categoría recibirán un trofeo conmemorativo do evento.
A única categoría na que non haberá clasificación é na mini, onde todos os participantes levarán unha medalla e unha bolsa de lambetadas como agasallo por rematala carreira.
Todos os atletas que finalicen cada unha das carreiras nas que participen recibirán un agasallo conmemorativo do evento así como avituallamento sólido e líquido.