A campaña ‘Merca no teu comercio’ repartiu 1.000 euros en premios en Taboada

RibeiraSacraXa
Os gañadores recibiron hoxe os seus premios, destinados a fomentar as compras no comercio local de proximidade
premios-merca-no-teu-comercio-taboada
Entrega dos premios da campaña 'Merca no teu comercio' en Taboada
4 Jul 2025

A Praza de Riazón de Taboada acolleu esta mañá a entrega de premios da campaña ‘Merca no teu comercio’, que se desenvolveu entre o 15 e o 30 de xuño nos municipios de Taboada, Palas de Rei e Monterroso.

Durante a iniciativa, os consumidores que fixeron compras nos establecementos destas localidades participaron nun sorteo de 1.000 euros, repartidos en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha. Os gañadores recibiron hoxe os seus premios, que deberán empregar en novas compras no comercio local de proximidade.

‘Merca no teu comercio ten premio’ é unha campaña de promoción e dinamización das vendas do pequeno comercio nos municipios rurais. Está organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración, neste caso, da Asociación de Comerciantes de Taboada.

No acto de entrega participaron representantes das entidades organizadoras, entre eles José María Seijas, presidente da Federación Galega de Comercio e da Federación de Comercio de Lugo; Miguel Pavón, presidente de ACIMTA; e Iria Quiroga, directora da oficina de ABANCA en Taboada, entre outros.

⚙ Configurar cookies
0.16750192642212