A campaña 'Merca no teu Comercio' chega a Taboada, Palas de Rei e Monterroso para impulsar o comercio local

LugoXa | RibeiraSacraXa
Entre todos os participantes sortearanse 1.000 euros que deberán empregarse para realizar novas compras nos comercios locais
mercar-comprar-bolsas-comercio-1
14 Jun 2025

Entre o 15 e o 30 de xuño de 2025 desenvolverase a campaña publicitaria e promocional “Merca no teu Comercio” en Taboada, Palas de Rei e Monterroso, unha iniciativa impulsada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Comerciantes de Taboada e outras entidades.

Esta acción forma parte dun total de 40 campañas en toda Galicia, con 10 actuacións na provincia de Lugo que abranguen 22 localidades ata novembro, e ten como principal obxectivo estimular as vendas nos municipios rurais, achegar os clientes aos comercios de proximidade e dinamizar o sector comercial. En total repartiranse 10.000 euros en premios.

Para participar, os clientes que realicen compras nos establecementos retallistas de Taboada, Palas de Rei e Monterroso durante as datas da campaña deben rexistrar as súas compras na páxina web mediante calquera dispositivo electrónico, como móbil, tablet ou ordenador. Ademais, os propios comerciantes poden rexistrar as compras dos seus clientes para aumentar as súas posibilidades de gañar.

Entre todos os participantes sortearanse 1.000 euros distribuídos en 20 tarxetas prepago de 50 euros cada unha, que deberán empregarse para realizar novas compras nos comercios locais. O sorteo celebrarase o 1 de xullo, e a entrega dos premios terá lugar o 4 de xullo na Praza de Riazón de Taboada.

⚙ Configurar cookies
0.16169381141663