A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega a Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil

RibeiraSacraXa
O obxectivo desta campaña é estimular as vendas nos concellos rurais, achegar os clientes aos comercios de proximidade e dinamizar o sector
merca-no-teu-comercio
30 Jun 2025

Do 1 ao 15 de xullo de 2025 terá lugar a iniciativa publicitaria e promocional ‘Merca no teu comercio’, organizada pola Federación de Comercio de Lugo, a Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, coa colaboración da Asociación de Empresarios e Comerciantes do Xeoparque Montañas do Courel.

O obxectivo desta campaña, que inclúe 40 accións (10 por provincia) e máis de 90 localidades en toda Galicia, é estimular as vendas nos concellos rurais, achegar os clientes aos comercios de proximidade e dinamizar o sector. Na provincia de Lugo realizaranse 10 accións, que abranguen 22 localidades ata novembro, repartindo un total de 10.000 euros en premios.

Poderán participar todos os clientes que fagan compras nos comercios de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil durante a campaña, rexistrando a súa compra na web correspondente desde calquera dispositivo electrónico. Tamén poderán rexistrar as compras os propios comerciantes a través da mesma plataforma, aumentando así as opcións de gañar.

Entre os participantes sortearanse 1.000 euros en 20 tarxetas prepago de 50 euros, que deberán empregarse para volver mercar nos comercios locais. O sorteo realizarase o 16 de xullo e a entrega de premios será o mércores 23 de xullo na praza Rúa Lago de Quiroga.

⚙ Configurar cookies
0.15218305587769