A campaña ‘ Galicia Sabe Amar’ chega a Chantada

RibeiraSacraXa
Durante a xornada deste xoves haberá unha foodtruck situada na praza de Galicia
galicia-sabe-amar-chantada
9 Jan 2025

A campaña ‘Galicia Sabe Amar’ chega a Chantada este xoves, 9 de xaneiro, cunha foodtruck que estará situada durante toda a xornada na praza de Galicia. As persoas interesadas en achegarse poderán gozar de xeito gratuíto de petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra, en horario de 12.00 a 15.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas.

‘Galicia Sabe Amar’ é unha iniciativa da Consellería do Mar da Xunta de Galicia que anima á ciudadanía a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.

0.17568421363831