A campaña ‘Galicia sabe amar’ achegarase este venres á Pobra do Brollón

RibeiraSacraXa
A veciñanza poderá degustar de balde diferentes petiscos elaborados con produtos do mar galegos na área recreativa de Samugueiros
foodtruck-galicia-sabe-amar
Foodtruck de Galicia Sabe Amar
17 Jul 2025

A campaña ‘Galicia sabe amar’ chega este venres, 18 de xullo, ao concello da Pobra do Brollón. O “foodtruck” estará instalado na área recreativa de Samugueiros de 12:00 a 14:00 e de 19:00 a 22:00 horas.

Durante a xornada, as persoas asistentes poderán degustar de balde diferentes petiscos elaborados con produtos do mar galegos, poñendo en valor a calidade e diversidade da materia prima local.

A campaña, impulsada pola Xunta de Galicia, ten como obxectivo fomentar o consumo de produto galego e apoiar ao sector pesqueiro, marisqueiro e conserveiro da comunidade, destacando a súa importancia económica e cultural.

⚙ Configurar cookies
0.18136310577393