A campaña 'Galicia sabe a mar' chega este sábado a Chandrexa de Queixa
Chandrexa de Queixa prepárase para unha fin de semana na que a gastronomía será a protagonista, coa chegada da campaña ‘Galicia sabe Amar’ e a celebración dun magosto popular o sábado, 9 de novembro.
A xornada arrancará ás 12.00 horas da mañá, cando se instalará o foodtruck de ‘Galicia sabe Amar diante do Concello, que estará aberto ata ás 15.00 horas. Xa pola tarde, desprazarase ao Colexio Celeiros, onde permanecerá aberto entre as 17.30 e as 20.30 horas.
Este programa, promovido pola Xunta de Galicia, consiste nunha degustación de produtos do mar co obxectivo de promocionar e mellorar a comercialización dos produtos do mar galegos.
Pola súa banda, ás 20.00 horas comezará un magosto popular no Edificio Multiusos, no que haberá panceta, chourizos, viño e, por suposto, castañas asadas.
Para rematar os festexos, celebrarase una noite de Samaín con música a cargo do Dúo Angel América, que arrancará ás 22.30 horas.