A campaña ‘E para comer Lugo’ pasou esta fin de semana por Monforte

RibeiraSacraXa
Os asistentes participaron na xornada culinaria ‘Saborea e canta o outono’, dentinada a promover os produtos de outono
xornada-culinaria-monforte
24 Nov 2025

A iniciativa ‘E para comer Lugo’, organizada pola Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo, levou esta fin de semana a Monforte unha xornada culinaria para promover os produtos de outono baixo o título ‘Saborea e canta o outono’.

A actividade, na que colaborou o Concello de Monforte, desenvolveuse no Espazo Gastronómico da Praza de Abastos desde as 20.30 horas e contou cunha nutrida asistencia e coa presenza da Tenente de alcalde, Gloria Prada. Os participantes puideron degustar tapas elaboradas de diferentes establecementos mentres sonaba a música en directo. Participaron tamén adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra e os máis pequenos contaron cun espazo lúdico.

⚙ Configurar cookies
0.075150966644287