A Cabalgata dos Reis Magos encherá de maxia a Pobra do Brollón este domingo 5 de xaneiro

RibeiraSacraXa
O evento incluirá música, entrega de premios, sorteos e unha chocolatada na Casa da Cultura
Reyes Magos (1)
4 Jan 2025

A programación do Nadal na Pobra do Brollón culmina este domingo, 5 de xaneiro, coa tradicional Cabalgata dos Reis Magos, que promete ser unha das xornadas máis especiais do ano.

O desfile arrancará ás 17:00 horas no Centro de Día, percorrendo as rúas ata chegar á Casa da Cultura. Os Reis Magos estarán acompañados pola Escola de Música ‘Samoeiro’, engadindo un toque musical e festivo ao evento.

Unha vez na Casa da Cultura, celebrarase a entrega dos premios do Certame de Poesía, diplomas, e o sorteo do Concurso de Tapas. Para pechar esta tarde inesquecible, os asistentes poderán disfrutar dunha chocolatada e agasallos para todos os presentes.

Esta Cabalgata combina tradición, cultura e entretemento, sendo un evento perfecto para pequenos e maiores despedir o Nadal con alegría e ilusión.

0.17717885971069