A cabalgata do Saviñao terá dúas paradas para garantir a seguridade
O Concello do Saviñao modifica o seu plan para a cabalgata de Reis debido á situación sanitaria e ás novas recomendacións da Xunta.
Isto supón unha medida de prevención co fin de manter a actividade que encherá de ilusión e maxia nos máis pequenos á vez que se trata de garantir unha boa saúde aos veciños.
Desta forma, ás 16.30 horas a carroza dos Reis Magos chegará a Currelos e recibirá aos nenos e nenas no exterior para minimizar os riscos de contaxio da Covid-19.
E ás 18.30 horas as súas Maxestades de Oriente atenderán as peticións dos nenos e nenas na carpa da Praza España en Escairón.
Dende o Concello recordan que é obrigatorio o uso da máscara en todo momento.
CARTA AOS REIS MAGOS
Os nenos e nenas do Saviñao dispoñen dunha caixa de correos real diante da casa do Concello onde poden deixar as cartas dirixidas aos Reis Magos.