A brigada municipal da Pobra de Trives traballa para limpar a neve en varias vías

Esta mañá, o Concello da Pobra de Trives espertou cun manto de neve que cubría as súas rúas e núcleos. Desde primeiras horas, a brigada municipal está a traballar intensamente para limpar as estradas e garantir a accesibilidade da veciñanza.
Desde o Concello fan un chamamento á poboación para extremar a precaución nos desprazamentos por estrada debido ás condicións invernais.