A Biblioteca Pública de Quiroga convoca un certame de poesía infantil

RibeiraSacraXa
Os participantes poderán presentar os seus traballos ata o 20 de decembro
biblioteca-libros
1 Dec 2024

A Biblioteca Pública Municipal de Quiroga convoca un certame de poesía infantil de Nadal, destinado aos nenos e nenas do concello.

O concurso dividirase en tres categorías, unha para menores de 8 anos, outra para aqueles de entre 9 e 11 anos e outra para nenos e nenas de entre 12 e 16 anos. O prazo para presentar as solicitudes estará aberto ata o 20 de decembro, e deberán ser entregados nas instalacións da Biblioteca.

Os traballos premiados participarán na fase provincial  do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia.

0.16867685317993