A Biblioteca Municipal de Sober arranca as ‘Merendas con contos’ do mes de febreiro co foco posto no Entroido

A Biblioteca Municipal de Sober arranca este venres o programa ‘Merendas con contos’ do mes de febreiro que, nesta ocasión, estará centrado no Entroido.
Os pequenos e pequenas do concello poderán gozar este venres da lectura do conto popular ‘Chibos Chibóns’, seguido dun Obradoiro de Cabezudos. As actividades continuarán o venres 14 de febreiro coa lectura ‘Eu cociño, ti cociñas?’ e o segundo obradoiro de Cabezudos.
Pola súa banda, o 21 de febreiro, a biblioteca celebrará o Día Internacional da Lingua Materna coa lectura ‘Parece unha rosa’ e un obradoiro de Compadres e Comadres. Por último, as Merendas con Contos do mes de febreiro rematarán o venres 28 de febreiro coa celebración do Día de Rosalía. Os nenos e nenas poderán asistir á lectura do poema ‘Adiós ríos, adiós fontes’ para despois gozar dunha tarde de xogos de Entroido.
Todas as actividades desenvolveranse entre as 16.30 e as 19.00 horas nas instalacións da Biblioteca Municipal de Sober.