A Biblioteca Municipal de Chantada anuncia os premiados locais do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2025

RibeiraSacraXa
Os traballos seleccionados representarán a Chantada na fase provincial
nova-biblioteca-Chantada-2
Biblioteca Municipal de Chantada
25 Jun 2025

A Biblioteca Municipal de Chantada fixo públicos os nomes dos gañadores na fase local do Certame de Narración e Debuxo das Letras Galegas 2025, organizado en colaboración coa Biblioteca Pública de Lugo. Os traballos seleccionados representarán a Chantada na fase provincial, xunto cos das demais bibliotecas da provincia.

Na categoría de narración, na categoría A, o primeiro premio foi para Xulia Rodríguez Fernández e o segundo para Zhoe Figueiras Vázquez. Na categoría B, o gañador foi Antón Rodríguez Fernández. En debuxo, na categoría A o primeiro premio recaeu en Xulia Rodríguez Fernández, o segundo en Dayanne Feliú Benítez e o terceiro en Alba Fernández Rodríguez. Na categoría B, o primeiro premio foi para Antón Rodríguez Fernández, seguido por Andr Pérez Ochandategui no segundo posto e Ana Veiga Otero no terceiro.

Nesta edición destacou especialmente a participación de Antón Rodríguez Fernández, quen ademais de resultar gañador na categoría B tanto en narración como en debuxo na fase local, acadou tamén o primeiro premio provincial na categoría B de narración.

A entrega de premios celebrarase o xoves 26 de xuño ás 18:00 horas, na sala infantil da propia Biblioteca Municipal de Chantada. Ao acto están convidados os gañadores e as súas familias.

Desde o Concello de Chantada agradecen a participación e animan a seguir promovendo a creatividade e o uso da lingua galega entre os máis novos.

⚙ Configurar cookies
0.16504812240601