A Biblioteca Municipal de Chantada acolle este venres un contacontos a cargo de ‘Tarabelos: títeres e contacontos’

RibeiraSacraXa
A sesión está pensada para nenos e nenas maiores de 3 anos, así como para as súas familias
tarabelos-contacontos-chantada
6 Feb 2026

A Biblioteca Municipal de Chantada acolle este venres, 6 de febreiro, unha nova sesión de contacontos dirixida ao público infantil e familiar. A actividade comezará ás 18:15 horas e estará a cargo da compañía ‘Tarabelos: títeres e contacontos’.

Nesta ocasión, Tarabelos presentará o espectáculo ‘Debulendo lendas’, unha proposta que combina narración oral e títeres para achegar ao público máis novo historias e lendas de forma amena e participativa. A sesión está pensada para nenos e nenas maiores de 3 anos, así como para as súas familias.

⚙ Configurar cookies
0.078058958053589