A Biblioteca Municipal de Chantada acolle este sábado un obradoiro para visibilizar as desigualdades de xénero

RibeiraSacraXa
A actividade "Unha superheroína para o noso cómic" terá lugar o sábado, 23 de novembro, e está destinada a nenos e nenas a partir de cinco anos
obradoiro-25-n-chantada
Obradoiro "Unha superheroína para o noso cómic"
19 Nov 2024

A concellería de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de Información á Muller organiza unha ampla e variada programación para celebrar o 25N baixo o lema “Querémonos vivas, di non á violencia”.

O obxectivo desta campaña presentada por Pamela Fernández, concelleira de Igualdade e Cándida Carnero, concelleira de Servizos Sociais é visibilizar as desigualdades de xénero para corrixilas, prestando especial atención á educación como base para unha sociedade sen violencias machistas.

Con este motivo, este sábado, 23 de novembro, a partir das 11.30 horas,  terá lugar na Biblioteca Pública Municipal de Chantada o obradoiro "Unha superheroína para o noso cómic", a cargo Estefanía Padullés e destinado nenos e nanas a maiores de cincos anos. 

0.19611692428589