A Biblioteca municipal Antonio Reboiro da Pobra do Brollón convoca o Certame de Poesía Infantil de Nadal

RibeiraSacraXa
O prazo para presentar os traballos estará aberto ata o 19 de decembro
concurso-poesia-nadal-a-pobra-do-brollon
1 Dec 2025

A Biblioteca municipal 'Antonio Reboiro' lanza unha nova convocatoria do Certame de Poesía Infantil de Nadal, dirixido a nenos e nenas de distintas idades. O concurso conta con tres categorías de participación: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.
As poesías deberán entregarse na propia Biblioteca antes do 19 de decembro. Os traballos gañadores pasarán a participar na fase provincial, organizada pola Biblioteca pública de Lugo e patrocinada pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude.
Este certame é unha oportunidade para que os máis novos desenvolvan a súa creatividade literaria e se acheguen á poesía nestas datas festivas.

⚙ Configurar cookies
0.074112176895142