A biblioteca do Saviñao acolle un obradoiro de autobiografías e contacontos

RibeiraSacraXa
O vindeiro mércores 25 de outubro a Biblioteca Municipal María Meijide acolle a presentación do libro Zapatiños de cartón e a carta dos boques a partir das 10.
biblioteca libros
20 Out 2023

O vindeiro mércores 25 de outubro a Biblioteca Municipal María Meijide acolle a presentación do libro Zapatiños de cartón e a carta dos boques a partir das 10.30 horas. Nesta mesma xornada, a partir da 13.00 horas, tamén se presentará un obradoiro para animar aos nenos e nenas a escribir a súa autobiografía.

Os interesados na actividade, que tamén invita ao xogo e a partilla, poden inscribirse a través do teléfono 982 452 324. Ademais, continúan os contacontos na biblioteca do Saviñao. O martes 24 a partir das 10.00 haberá unha sesión sensorial destinada a bebés e a adultos acompañantes.

Toda a iniciativa está apoiada de obxectos manipulables para chamar a atención dos cativos e de invitar á experimentación e a que gocen cos seus seres queridos. Nesta mesma data, a partir das 11.30 terá lugar o contacontos Dada a Trasna e a partir das 13.00 horas o programa Cociñando historias.

0.063816070556641