A Biblioteca de Sober repartirá agasallos durante este xoves a todos os visitantes

RibeiraSacraXa
A proposta forma parte do programa organizado polo Concello de Sober para conmemorar o Día do Libro
biblioteca-recurso
24 Apr 2025

O Concello de Sober festexa esta semana o Día do Libro cun programa repleto de actividades. Onte, os nenos e nenas do PAI de Sober participaron nunha actividade de confección de marcapáxinas e hoxe, a Biblioteca Municipal, repartirá un libro e unha planta para todas as persoas que se acheguen a visitala. O venres, nas ‘Merendas con contos’, haberá un mercado de libros por un euro.

Ademais destas actividades, ata o vindeiro 30 abril poderá visitarse na biblioteca a mostra bibliográfica ‘Don Quijote de la Mancha’.

⚙ Configurar cookies
0.2264199256897