A Biblioteca de Sober, Premio María Moliner, promove a lectura

RibeiraSacraXa
A Biblioteca de Sober, Premio María Moliner, promove a lectura nos veciños e veciñas que residen no concello
nena biblioteca
nena biblioteca
4 Nov 2022

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou ás traballadoras da Biblioteca pública de Sober polo seu intenso traballo na promoción da lectura nos veciños e veciñas que residen no concello, tras ser recoñecida co Premio María Moliner que concede o Ministerio de Cultura e Deporte.

Fíxoo durante unha visita, acompañada do alcalde, Luis Fernández, e das traballadoras, Julia Fernández e Dunia Rodríguez, para coñecer de primeira man o traballo diario destas profesionais.

Isabel Rodríguez puxo en valor o labor do persoal da biblioteca soberina para desenvolver unha programación de actividades atractiva para a veciñanza, promovendo novos hábitos de lectura nos nenos e nenas e nas persoas maiores do municipio.  Así, explicou que “a biblioteca está a levar a cabo o proxecto Sober coa lectura 2022 co que se realizan iniciativas dirixidas aos máis novos, con idades de entre 4 e 12 anos, como as merendas con contos ou os obradoiros de lecturas temáticas; e actividades pensadas nas persoas maiores, con obradoiros de memoria e cun club de lectura, entre outras moitas”.

“Sodes un exemplo de compromiso co rural e a súa veciñanza, incentivando e fomentando a lectura nun municipio pequeno, con 2.200 habitantes, onde é máis difícil o acceso á literatura”, destacou Rodríguez quen informou que a iniciativa da Biblioteca de Sober é “un dos 370 proxectos premiados en toda España e a única na provincia de Lugo”.

Neste senso, a subdelegada avanzou que este recoñecemento do Goberno vai acompañado dunha achega económica de 2.777 euros destinada á compra de libros para ampliar o catálogo do centro. “Queremos que sigades con esta liña de traballo para acadar un dos obxectivos deste programa: achegar a literatura e a cultura a calquera persoa, independentemente de onde resida”, apuntou.

Os Premios María Moliner, que organiza o Ministerio de Cultura e Deporte coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias, son un concurso dirixido aos municipios de menos de 50.000 habitantes, a través da cal se premian os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e novos, que constitúen

O proceso de selección levouse a cabo mediante a análise dunha serie de criterios, puntuando cada unha deles. Téñense en conta a claridade e interese do proxecto para a animación lectora, a boa planificación e viabilidade, así como a orixinalidade e a inmersión en novas tecnoloxías que conteña a proposta.

Este programa presenta unha gran importancia estratéxica, xa que aproximadamente a metade da poboación española reside en municipios de menos de 50.000 habitantes, polo que esta iniciativa presenta un gran impacto no territorio. Nas últimas edicións, a resposta dos municipios foi moi positiva, presentándose máis de 14.000 proxectos duns 2.400 municipios.

0.16830706596375