A Biblioteca de Quiroga convoca o concurso das Letras Galegas

RibeiraSacraXa
A Biblioteca Pública de Quiroga vén de convocar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.
concurso letras galegas
10 Apr 2021

A Biblioteca Pública Municipal de Quiroga vén de convocar o Certame de Narración e Debuxo Infantil Letras Galegas 2021 na súa fase local.

Poderán participar todas as nenas e nenos do municipio con narracións en galego, cunha extensión máxima dun folio por unha soa cara, sobre o tema: O dereito das nenas e nenos a participar na vida cultural. (Artigo 31 Convención sobre os Dereitos do Neno).

Tamén haberá unha categoría de debuxos, feitos sobre cartulina cun tamaño aproximado de DIN A4, sobre a mesma temática.

Cada participante pode presentar cantos traballos desexe, mecanografados, escritos a máquina ou a man; neste último caso sempre a bolígrafo e nunca a lapis. Cada traballo, acompañarase dunha folla co nome e os datos do autor ou autora.

Establécense tres categorías: A , ata 8 anos; B de 9 a 11 anos; C de 12 a 16 anos.

O prazo de presentación dos traballos rematará o venres 7 de maio ás 20.00 horas, debendo ser entregados na Biblioteca Municipal de Quiroga.

O fallo do xurado local farase público antes do 17 de maio, o Día das Letras Galegas. Os traballos premiados nesta fase local participarán na fase provincial do certame, convocada pola Biblioteca Pública de Lugo.

0.16614079475403