A Biblioteca de Quiroga convoca o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2025”

A Biblioteca Pública Municipal de Quiroga convoca o Certame de Poesía Infantil “Nadal 2025” na súa fase local, dirixido a nenos e nenas de ata 16 anos.
O tema dos poemas será o Nadal, e deberán estar escritos en galego, cunha extensión máxima dunha folla por unha soa cara. Os participantes poderán entregar os seus traballos escritos a man con bolígrafo ou a computador, e deben presentar unha folla de datos identificativos separada do poema. O prazo para presentar os traballos remata o 19 de decembro de 2025 na Biblioteca Pública Municipal de Quiroga, e o concurso está dividido en tres categorías: ata 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos.
Un xurado especializado seleccionará os gañadores de cada categoría, que recibirán un diploma e un lote de libros. Ademais, os traballos premiados pasarán á fase provincial organizada pola Biblioteca Pública de Lugo, coa colaboración da Xunta de Galicia.
O fallo da fase local farase público en xaneiro de 2026, e a Biblioteca editará un libriño anual con os poemas premiados.