A Biblioteca de Chantada acolle este venres un espectáculo infantil de maxia centrado na igualdade

RibeiraSacraXa
A actividade está dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos e forma parte do programa do 8M
espectaculo-maxia-8m-chantada
5 Mar 2026

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada acollerá este venres, 6 de marzo, ás 18:15 horas, o espectáculo “Somos iguais na maxia”, a cargo de Ian e Elisa 2 Minds Combined. A proposta, dirixida a nenos e nenas maiores de 3 anos, combinará maxia e humor, e forma parte do programa de actividades promovido polo Concello de Chantada para conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

A xornada principal do 8M terá lugar o domingo 8 de marzo, coincidindo coa Feira do Viño de Chantada. Ás 12:45 horas, no palco central e antes do pregón, procederase á lectura do manifesto institucional, que correrá a cargo da concelleira de Igualdade, Pamela Fernández.

A programación continuará o 13 de marzo coa presentación do IV Plan de Igualdade e contra a Violencia de Xénero 2026-2030 na Casa da Cultura, e o 28 de marzo coa proxección no Auditorio Municipal da película “La mitad de Ana”, centrada na identidade de xénero. Ademais, durante o mes estanse a desenvolver obradoiros de educación afectivo-sexual nos centros de secundaria da vila.

0.11643695831299