A biblioteca da Pobra do Brollón convoca un certame de poesía infantil este Nadal

RibeiraSacraXa
A biblioteca municipal  Antonio Reboiro convoca o Certame de Poesía Infantil 'Nadal 2023' dirixido a toda a rapazada do Concello.
Casa da Cultura Olga Novo A Pobra do Brollón
2 Dec 2023

A biblioteca municipal  Antonio Reboiro convoca o Certame de Poesía Infantil 'Nadal 2023' dirixido a toda a rapazada do Concello. Os interesados poden entregar as súas pezas antes do 22 de decembro na biblioteca.

No concurso poden participar rapaces e rapaces de ata 16 anos, establecéndose tres categorías: A de ata 8 anos; B de 9 a 11 e C de 12 a 16 anos. Os traballos premiados participarán na fase provincial convocada pola Biblioteca pública de Lugo e os autores galardoados recibirán un diploma acreditativo e un lote de libros.

A temática é o Nadal e os poemas deben estar redactados en galego. A extensión mínima é dun folio por unha soa capa, podendo estar escritos a ordenador ou a man, neste último caso sempre a bolígrafo e non a lapis.

Cada autor poderá presentar os traballos que desexe con cadansúa folla de datos cumprimentada en letra maiúscula lexible. Os datos identificativos irán nesta folla de datos, nunca no traballo presentado. Cada ano a biblioteca publicará un pequeno libro conmemorativo que recollerá os traballos premiados do ano anterior.

certame_poesía_infantil_a_pobra_do_brollón
0.19332408905029