A Biblioteca Antonio Reboiro da Pobra do Brollón festexa o Día de Rosalía de Castro cunha sección especial

RibeiraSacraXa
Este 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, polo que a Biblioteca municipal Antonio Reboiro da Pobra do Brollón vén de inaugurar unha sección dedicada á escritora galega.
Biblioteca Casa da Cultura Olga Novo A Pobra do Brollón
23 Feb 2024

Este 23 de febreiro celébrase o Día de Rosalía, polo que a Biblioteca municipal Antonio Reboiro da Pobra do Brollón vén de inaugurar unha sección dedicada á escritora galega.

Desta maneira, as persoas que acudan á biblioteca estes días poderán atopar una escolma de libros para todas as idades escritos por Rosalía de Castro, como Cantares gallegos, Follas Novas, Adiós ríos, adiós fontes ou Orillas del Sar.

Ademais, no Ceip da Pobra do Brollón tamén se farán actos cos alumnos e alumnas para conmemorar o Día da muller máis representativa da literatura galega e unha das primeiras feministas do país.

0.17979502677917