A Batalla 13 Roeis deixou como gañadores a Exeria e Willow GHZ
Este sábado tivo lugar a Batalla 13 Roeis en Pantón, que deixou como gañadores aos grupos Exeria e Willow GHZ, quen competiron contra os demais participantes Fabio&Deivis, Liberad al Kraken, Gallego Común, Amoebo e Skadelos, nunha edición que "non foi unha máis", como explican desde a organización.
Esta batalla tiña como fin promover, impulsar e difundir a música independente galegae en galego de calquera estilo, onde destaque a orixinalidade, innovación e fusión dos temas.
Así, desde a organización da Batalla e do próximo festival 13 Roeis, quixeron agradecer "ás bandas a súa participación a pesar de que non foi a mellor ubicación para vós, pero todas tivestes a mellor das actitudes e fixestes un directazo incrible, cada un no seu xénero, un ano máis o festival mostrounos o futuro do panorama musical galego", sostiveron.
Tamén quixeron agradecer a presenza e colaboración do xurado profesional, "xa que eles dan todavía máis valor a este evento, ao ser xa referentes da nosa música galega" e ao equipo técnico e humano de Music Soft porque "son unha garantía a nivel profesional e debemos poñer en valor dos técnicos que hai detrás de cada evento, que adican horas e horas para que todos os artistas teñan a mellor versión nos escenarios", argumentaron.