A banda de música do Rosal actúa hoxe en Quiroga

RibeiraSacraXa
A banda de música do Rosal actúa hoxe cos seus membros máis novos no concello de Quiroga, ás 20.00 horas na Praza Rúa Lago
Ineco_Galicia
3 Sep 2022

O concello de Quiroga acolle un concerto dos membros máis novos da banda de música do Rosal. A Agrupación Musical  participa no programa "Música, natureza e patrimonio" da Iniciativa Xove da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Consellería de Política Social.

A través deste programa, esta fin de semana, un grupo duns 40 mozos/as con idades comprendidas entre os 12 e 30 anos, dos compoñentes máis novos da banda de música da Agrupación Musical do Rosal desprázanse a Quiroga para realizar diversas actividades.

Durante a súa estancia combinarán actividades na natureza como andainas e paseos para coñecer o espazo natural, visitas a monumentos e outros centros de interese, así como a práctica de deportes acuáticos. Ademais de actividades musicais consistentes na realización dun concerto que será ofrecido a toda a poboación de Quiroga de xeito totalmente gratuíto hoxe ás 20.00 horas na Praza Rúa Lago.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16522693634033