A Banda de Música de Chantada celebra o seu Concerto de Santa Icía o día 25

RibeiraSacraXa
O vindeiro sábado 25 de novembro a Banda de Música de Chantada levará a cabo o seu Concerto de Santa Icía.
concerto_santa_icía_banda_de_música_de_chantada
concerto_santa_icía_banda_de_música_de_chantada
22 Nov 2023

O vindeiro sábado 25 de novembro a Banda de Música de Chantada levará a cabo o seu Concerto de Santa Icía. A cita comezará ás 19.30 horas no auditorio municipal do Concello.

Trátase do concerto en familia Era unha vez, que contará coa colaboración José Varela, veciño de Chantada.

Varela exercerá como narrador e guiará a todos os asistentes polos mundos marabillosos da man da música.

0.12161087989807