A banda coruñesa The Cruze actuará en Ribas de Sil o sábado, 31 de agosto

RibeiraSacraXa
Terá lugar na terraza do Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio como remate ao ciclo de concertos
The-Cruze
29 Ago 2024

O vindeiro día 31 de agosto, como remate ao ciclo de concertos na terraza do Hotel Restaurante Las Vegas de San Clodio, haberá unha actuación da banda coruñesa The Cruze ás 23.00 horas.

A xerencia deste establecemento fai balance destes 2 meses e conclúe que "os meses de xullo e agosto nótase moito a chegada de familiares, visitantes e turistas por esta zona co cal as actuacións tiveron moi boa acollida enchéndose a terraza". E continúa "o resto do ano xa non se pode facer o mesmo porque pechamos a terraza e non temos asistencia que cubra os eventos".

Así, logo, para este sábado volve o rock & Roll á pista da man de The Cruze, banda da Coruña, un grupo de versións de Coruña no que os seus membros comparten a paixón pola música. Levan anos gozando e esforzándose para que toda esa enerxía chegue ao público nos seus directos. E abofé que o conseguen dada a súa traxectoria de máis de 17 anos enriba dos escenarios.

0.08659291267395