A “Bancada Feminina” da Pobra do Brollón botou a andar este domingo

RibeiraSacraXa
A iniciativa está, financiada polo Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, busca dar visibilidade ao colectivo feminino do CD Brollón
bancada-feminina-cd-brollon
25 Nov 2025

O C.D. Brollón puxo en marcha este domingo a “Bancada Feminina”, unha iniciativa destinada a dar visibilidade ao colectivo feminino do CD Brollón. A primeira actividade levou á afección a Xinzo de Limia para asistir ao partido entre o C.D. Brollón e o Antela FC B.

A iniciativa está financiada grazas ao Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero e forma parte do Plan de Igualdade do Concello da Pobra do Brollón, concretamente na Liña 4, que busca promover espazos libres de violencia de xénero. O plan está dispoñible para consulta na web do concello.

⚙ Configurar cookies
0.048074960708618