A autora de varios libros de educación sexual, Arola Poch, impartiu conferencias no IES A Pinguela

RibeiraSacraXa
A autora de varios libros de educación sexual, Arola Poch, impartiu conferencias no IES A Pinguela de Monforte
Arola Poch A Pinguela
1 Xuño 2023

O departamento de Orientación do IES A Pinguela organizou unha actividade na que Arola Poch, psicóloga e sexóloga, impartiu conferencias, por primeira vez presenciais, ao alumnado adolescente.

Durante a xornada, a autora dos libros de educación sexual para mozos "Las cosas claras", "Lo normal es ser raro" e "A mi rollo con mi cuerpo y mis emociones", sobre os cambios da nenez á idade adulta; falou das súas obras e do seu contido, necesario nesas idades. "A súa proximidade, empatía e ganas de escoitar fai que cada vez chegue a máis público, incluídos moitos rapaces novos que lle expoñen as súas primeiras dúbidas", defenden desde o centro educativo.

Licenciada en Comunicación Audiovisual, Arola Poch é tamén profesora universitaria en estudios de comunicación (UOC), imparte talleres de educación sexual para rapaces novos e familias, ten consulta de sexoloxía e parellas e colabora en distintos medios de comunicación.

0.18115305900574