A Aula de Verán de O Saviñao abre o seu prazo de inscrición

RibeiraSacraXa
O proxecto bota a andar co gallo de fortalecer o servizo de conciliación familiar. Os interesados poderán anotarse ata o 17 de xuño.
osavinao_aulaveran
11 Xuño 2022

O proxecto bota a andar co gallo de fortalecer o servizo de conciliación familiar.

O Concello de O Saviñao organiza esta Aula de Verán co prazas limitades, onde recae a prioridade de acceso nos rapaces empadroados no municipio. O horario será de luns a venres (agás festivos), de 9.00 a 14.00 horas e durará todo o mes de xullo e agosto. As actividades que nestes encontros se levarán a cabo están pensadas para nenos con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos. O seu custe será de 20 euros mensuais a pagar por cada neno, mentres que o segundo fillo e seguintes poderán acceder ás aulas por 16 euros.

Todo aquel interesado poderá inscribirse no Concello ata o 17 de xuño.

0.11922097206116