A Aula da Uned de Monforte acolle unha actividade sobre o viño da Ribeira Sacra

RibeiraSacraXa
A Aula da Uned de Monforte acolle unha actividade sobre o viño da Ribeira Sacra os vindeiros 14, 15 e 16 de xuño
actividade uned
9 Xuño 2023

Xa está aberto o prazo de matrícula para a actividade “Ribeira Sacra: outras miradas sobre o viño” que a UNED de Lugo presenta na súa Aula de Monforte coa finalidade de achegar ao viño dende varios contextos socio-culturais, especialmente dende o contexto da Ribeira Sacra.

O curso, que terá lugar do 14 ao 16 de xuño na Aula de Monforte, desenvolverase a partir de conferencias de diferentes especialistas no tema e completarase cun taller sobre sentidos e emocións en torno ao viño e ás visitas a escenarios centrais do valor patrimonial do viño no contexto da Ribeira Sacra.

Será impartido por Ligia Amparo Da Silva Dantas, profesora asociada da Universidade Federal de Bahía; Juan Antonio Flores, profesor titular da Universidade de Castilla La Mancha; Elena Freire Paz, profesora do Departamento de Filosofía e Antropoloxía da Facultade de Humanidades da USC; Manuel Gago Mariño, Profesor Asociado da USC; Julián López García, catedrático do Departamento de Antropoloxía Social e Cultural da UNED; Lorenzo Mariano, profesor titular da Universidade de Extremadura; Xavier Medina  Luque, catedrático da Universitart Oberta de Catalunya, e Pedro Tomé Marín, científico titular do Consello Superior de Investigacións Científicas.

0.21429705619812