A aula da natureza do Courel reabre as súas portas

RibeiraSacraXa
Ofrecerá información sobre a riqueza medioambiental da serra do Courel en horario de 10.30 a 14.00 e de 16.00 a 19.00 horas
courel aula natureza moreda
21 Mar 2021

A aula da natureza de Moreda, en Folgoso do Courel, reabriu esta fin de semana as súas portas, despois de permanecer pechada desde finais do mes de xaneiro por mor das restricións sanitarias fronte á covid.

A partires de agora, a aula ofrecerá información sobre o medio natural e o patrimonio etnográfico da serra do Courel en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 16.00 a 19.00 horas. A instalación, que conta con paneis explicativos e diversos materiais, só poderá ser visitada por un máximo de catro persoas ao mesmo tempo.

Desde a aula da natureza organízanse actividades divulgativas e de lecer, obradoiros de educación ambiental e mesmo roteiros guiados pola contorna, como é o caso do que se desenvolve pola devesa da Rogueira, que ten unhas tres horas de duración.

0.1984269618988