A aula Cemit de Quiroga encheuse de interesados en mellorar as súas capacidades dixitais
O “obradoiro creativo sobre o equipamento para a inclusión e a capacitación dixital da cidadanía” que se impartiu na a aula Cemit da Casa da Cultura de Quiroga cubriu todas as prazas ofertadas.
No curso, déronse nocións sobre o uso de drons, impresión 3d, robótica e gafas de realidade virtual co obxectivo de perder o medo ás novas tecnoloxías e entender o máis importante delas.
Os formadores ocupáronse de cada participante de xeito personalizado, para que se entendese todo o que se explicaba, xa que había persoas de todas as idades, non só persoas novas, senón tamén maiores.
A actividade estaba organizada polo Colexio Profesional de Enxeñería en Información de Galicia, no marco do convenio de colaboración coa Axencia para a modernización tecnolóxica de Galicia e o alcalde, José Luis Rivera, achegouse ata a aula Cemit para saudar ás técnicas encargadas de impartir o obradoiro e aos participantes.