A aula CeMit de Quiroga conta con novo equipamento para mellorala
A aula CeMit da Casa da Cultura, unha das consideradas de referencia pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, conta cun novo equipamento e o alcalde de Quiroga, José Luis Rivera, achegouse para coñecer o novo material e o seu uso.
Este centro de modernización e inclusión tecnolóxica de Quiroga cambiou os antigos equipamentos da aula por uns novos equipos adaptados as tecnoloxías da actualidade.
Ademais, no mesmo paquete viñeron incluídos 10 tablets, un trípode e un fondo croma ao servizo dos usuarios da aula CeMit. Este novo equipamento estará financiado por Fondos Europeos Next Generation.
Este novo equipamento únese ao recibido a principios de ano no que se dotou esta aula de tecnolóxica punteira. Tratábase dunha impresora 3D; 1 kit de robótica composto por 6 robots educativos e equipo de 6 kits de construción; 5 unidades de drons, con 2 unidades de gafas de realidade virtual e 2 controladores; ademais dun kit de placas de comunicación e programación, composto de 4 placas tipo Arduino e 2 raspberry Pi 4 Model Quad-core 64 bits.
Con este novo equipamento incorpóranse medidas que permiten implementar nas aulas Cemit un modelo formativo adaptado ao novo Marco Galego de Competencias Dixitais.