A Asociación Veciñal do Saviñao solicita axudas ao concello para a compra de material escolar
A Asociación Veciñal do Saviñao, a través da súa presidenta Celia Ferreiro Riazor, diríxese á alcaldía do municipio coa intención de “solicitar axuda do concello para a compra de libros e material escolar”.
“Visto o incremento dos prezos no presente ano que comprometerá a economía das familias e dada a súbita apertura do curso escolar”, segundo afirma Ferreiro Riazor, “a asociación solicita a urxente apertura de axudas por parte do concello para material escolar para aquelas familias con necesidade económica e que non teñen a cobertura das axudas da Xunta de Galicia, tal e como se ven facendo noutros municipios próximos”.
A presidenta da asociación, á espera de resposta, espera que o equipo de goberno tome cartas no asunto e poida axudar ás familias do Saviñao.