A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a Vodafone o cambio de localización dunhas antenas por afectar á saúde

RibeiraSacraXa
A Asociación Veciñal do Saviñao solicita a Vodafone o cambio de localización dunhas antenas por afectar á saúde
Asociación Veciñal Saviñao
3 Jul 2023

A Asociación Veciñal do Saviñao solicitou por escrito á empresa Vodafone España o cambio de localización das antenas de telefonía móbil da localidade de Escairón no Concello do Saviñao despois de dirixirse á Valedora do Pobo e "pese á resposta da Alcaldía de pedir un informe técnico para a reubicación das antenas, que no se fai realidade".

Así, a través da presidenta, Celia Ferreiro Riazor, a asociación transmite "esta reiterada petición veciñal, por ser considerada dita instalación unha ameaza para a saúde".

As preocupacións por parte da veciñanza veñen motivadas pola contabilización duns 20 casos de cáncer entre a veciñanza nun perímetro de 400 metros con respecto das antenas, "o que supera a prevalencia estimada no Estado", explican.

Argumentos dos veciños

Os argumentos que aluden os veciños para pedir este cambio de localización refírense a que as antenas están situadas nunha “contorna sensible” dada a proximidade das antenas ás vivendas, situadas a menos de 100 metros, así como ao colexio de ensino primario de Escairón, a diversos talleres e ao cuartel da Guardi Civil.

Por outra parte, din que existen numerosas áreas para unha nova localización que non cause preocupación aos veciños, "de feito non existe ningunha instalación similar doutras compañías situada en zona urbana", explican.

Ademais, aluden á consideración de Principio Precautorio que aconsella a adopción de medidas preventivas ante unha alerta social pola ameaza contra a saúde sentida pola poboación e á existencia dun Código de Boas Prácticas para a instalación de infraestruturas de telefonía movil.

Antecedentes

As dúas estacións radioeléctricas de GSM e UMTS, que están colocadas en depósito de auga no barrio de Mondavide de Escairón, en chan e nucleo urbano, termínanse de instalar no 2003 e, un ano despois, en 2004, a asociación xa comeza a reclamar o cambio de localización, cando se entregan 150 firmas á Alcaldía solicitando a súa retirada.

En 2011 e coincidindo coa inmediatez da caducidade do contrato, a Asociación Veciñal do Saviñao solicita de novo á Alcaldía o cambio de localización da instalación e o afastamento das vivendas. "Pese ao compromiso verbal do alcalde, en 2012 o permiso é renovado coa mesma localización", explican desde a asociación.

Deste modo, en 2o22 os veciños do barrio afectado diríxense á Valedora do Pobo de Galicia, reunión tras a cal o alcalde comprométese a solicitar un informe técnico para valorar unha nova localización.

Despois de todas as reclamacións veciñais e "mentiras institucionais", a Asociación Veciñal solicita á empresa responsable, Vodafone, a retirada das devanditas antenas e o cambio de localización, sempre fóra de chan urbano e a máis de 500 metros de lonxitude con respecto ás vivendas e a máos de 1.000 metros de centros de carácter público.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17257499694824