A asociación SOGAPS puxo en marcha unha campaña de recollida de alimentos e medicamentos

RibeiraSacraXa
Esta iniciativa realizarase a través da caravana organizada coincidindo coa viaxe de regreso dos nenos e nenas que participaron este verán no programa 'Vacacións en Paz'
Vacacións-en-paz
25 Ago 2024

A asociación SOGAPS puxo en marcha unha campaña de recollida de alimentos e medicamentos co obxectivo de enviar axuda humanitaria aos campamentos de refuxiados saharauís.

Esta iniciativa realizarase a través da caravana organizada coincidindo coa viaxe de regreso dos nenos e nenas que participaron este verán no programa 'Vacacións en Paz'.

Ata o próximo 30 de agosto, calquera persoa interesada poderá colaborar doando alimentos como aceite de oliva virxe, mel, arroz, azucre, lentellas, ou conservas (sardiñas ou atún), así como material sanitario e medicamentos.

Igualmente, farase recollida de material sanitario. Dende luvas e batas estériles ata instrumental para curas, ademáis de test de orina, teste de embarazo, aspirador de secreción infantil ou instrumentos para curas; e medicamentos tales coma analxésicos e antiinflamatorios, antihistamínicos, xarabes antitusivos, vitaminas, pomadas antibióticas ou corticoides así coma medicación inxectable.

Para calquera dúbida para a recollida de material sanitario poden contactar no teléfono 679 408 524 da comisión sanitario ou no teléfono 609 536 940. En Monforte, habilitáronse os seguintes puntos de recollida: Piensos Senra e CURGAL.

 

0.20229506492615