A Asociación Sociocultural Boca do Monte organiza a VIII Xornada Castañeira

A Asociación Sociocultural Boca do Monte organiza, coa colaboración do Concello de Quiroga e a Deputación de Lugo, a VIII Xornada Castañeira os vindeiros 2 e 3 de novembro.
Desta maneira, Os Anguieiros de Montefurado teñen preparado, para o día 2, un obradoiro de cabazas de Samaín e visita a caniceiras ás 17.00 horas e ás 20.00 horas será o magosto e foliada co grupo O Recanto a partir das 21.00 horas.
Pola súa parte, o día 3 terá lugar unha andaina pola contorna do túnel romano de Montefurado a partir das 10.00 horas, guiada por Óscar Pazos, xeólogo, chegando de volta sobre as 13.30 horas.