A Asociación Galega de Custodia do Territorio reúnese cos veciños do Monte de Piornedo e do Monte de Paderne
LugoXa | RibeiraSacraXa
Esta fin de semana a Asociación Galega de Custodia do Territorio tivo as primeiras reunións cos veciños-propietarios do Monte de Piornedo (Cervantes) e do Monte de Paderne (Folgoso do Courel) para avanzar na regularización xurídica da súa propiedade comunal e así mellorar a gobernanza ambiental destes espazos de alto valor natural.
8 Apr 2024

Esta acción encádrase dentro do proxecto CAPRIF- CC: Comunidades activas y paisajes resilientes a incendios forestales y cambio climático. O proxecto recibe o apoio da Fundación Biodiversidad do Ministerio para la Transición Ecológica y el Reto Demográfico (MITECO), no marco do Plan de Recuperación (PRTR) financiado pola Unión Europea.