A Asociación Fonte do Milagro organiza o Concurso de Deseño do Cartel da Festa da Pisa

RibeiraSacraXa
A Festa da Pisa celébrase en decembro na aldea de Froxán, que revive un dos seus costumes máis antigos
festa da pisa courel 2023 5
13 Out 2024

A Asociación Fonte do Milagro de Folgoso do Courel organiza o Concurso de Deseño do Cartel da Festa da Pisa.

A Festa da Pisa celébrase en decembro na aldea de Froxán, que revive un dos seus costumes máis antigos.

Neste cita, mestúrase tradición, cultura e gastronomía para manter viva a esencia e o valor etnográfico dunha práctica centenaria.

No proceso de pisado da castaña, primeiro hai que secala. Métese nunha construción, que se chama sequeiro, con calor morna e durante uns 20-25 días a castaña seca. Para romper a casca métese nun saco e entre dúas persoas bátese contra un cepo de madeira e ao golpear a castaña vai rompendo e queda limpa. E logo para separar o que é o froito da puxa, que é a casca, lévase a cabo o proceso do abandoxado. Métese a castaña no bandoxo, un aparello en forma de media lúa, onde unha persoa vai aproveitando que a castaña polo peso se vaia cara atrás e a casca, que é máis lixeira, vai caendo no chan.

0.18985199928284