A asociación feminista Polamiúda organiza un acto no Auditorio Municipal de Chantada este sábado

RibeiraSacraXa
A palestra ‘Patronato de Protección a la Mujer. Control e represión institucional (1941-1985)’ contará coa participación da xornalista experta Montse Fajardo e a avogada Silvia Fernández Quinteiro
acto-polamuida-chantada
20 Mar 2025

A asociación feminista Polamiúda organiza este sábado 22 de marzo ás 18.00 horas no Auditorio Municipal de Chantada a palestra ‘Patronato de Protección a la Mujer. Control e represión institucional (1941-1985)’ coa intervención de Montse Fajardo e Silvia Fernández Quinteiro.

O patronato de Protección a la Mujer foi una institución creada no franquismo e pechada ben entrada a democracia que tiña como finalidade “reconducir” as mulleres consideradas “fóra do patrón da moral cristiá”. As ordes relixiosas que xestionaban esa institución foron cómplices e facilitadoras de vexacións, privacións de liberdade, humillacións e todo tipo de abusos e conseguiron que o tema quedase no esquecemento ata hai ben pouco.

A palestra comezará coa proxección da curta Una dedicatoria a lo bestia do colectivo feminista NUCBEADE, que leva dende os seus inicios construíndo e rescatando relatos fóra da historiografía hexemónica. Posteriormente comezará a palestra na que intervirán a avogada e docente en igualdade Silvia Fernández Quinteiro, viúva ademais de Eva García de la Torre -ex alcadesa do Porriño e patronata-, e a xornalista e investigadora especializada en Memoria Histórica e Feminismo Montse Fajardo, principal voz no académico sobre o Patronato no noso país que o pasado ano gañou o Premio Xohana Torres de Ensaio precisamente sobre esta temática.

⚙ Configurar cookies
1.026221036911