A Asociación Española Contra o Cancro de Lugo organiza unha ruta saudable este mércores en Chantada

RibeiraSacraXa
A actividade está dirixida a toda a poboación e sairá pola tarde da Praza Santa Ana
rutas-saudables-aecc-lugo-chantada
Rutas Sudables da AECC Lugo
27 May 2025

Ao longo do mes de maio, a Asociación Española Contra o Cancro de Lugo está a levar a cabo Rutas Saudables en Chantada, unha actividade dirixida a toda a poboación co obxectivo de concienciar e fomentar hábitos de vida saudables e mellorar así a calidade de vida das persoas participantes.

Esta semana as Rutas Saudables serán mañá, mércores 28 de maio, ás 17.30 horas, con saída desde a Praza Santa Ana (Prazuela).

Para máis información, as persoas interesadas en participar poden contactar coa asociación a través do teléfono 651 900 005, ou por correo electrónico no enderezo lugo@contraelcancer.es

⚙ Configurar cookies
0.14245295524597