A Asociación de Veciños do Saviñao esixe ao goberno local que facilite a apertura dos negocios no rural

RibeiraSacraXa
A Asociación de Veciños do Saviñao esixe ao goberno local que facilite a apertura dos negocios no rural e en Belesar
camino inverno bajando_codos_hacia_belesar
19 Xul 2023

A Asociación Veciñal do Saviñao, solicita ao goberno local do Saviñao a facilitación do permiso para a apertura que afecta a dous proxectos de hostelería en Belesar, recollendo e transmitindo a queixa de dous veciños con iniciativas de hostelería, unha un furancho e outra un pequeno hotel-restaurante.

Así, desde a agrupación din que estes dous veciños "ven como o Concello lle pon trabas administrativas para a concesión do permiso". En concreto, José Mazaira Vazquez denuncia que leva anos intentando unha iniciativa de emprendemento consistente nun furancho ou cantina en Belesar e que se atopa nun conflicto de permisos entre o Concello e a Deputación Provincial".

Desde a asociación defenden que "a presenza de visitantes é considerable e con tendencia á alza, polo que son necesarios e imprescindibles servizos de alimentación, de hostelería e habitación".

Comparación con outras iniciativas

Ademais, argumentan que a negativa da corporación municipal contrasta coa "total permisividade para outros locais do mesmo uso no territorio municipal", como a existencia e apertura recente doutras cantinas en núcleos rurais como Segán, Vilelos, A Portela, Mendreira, A Páxara ou Meán; a existencia en Belesar dun Club Naútico pertencente á Deputación e a apertura dunha adega e centro de cata da adega Asolagados.

Desde a asociación cren que estes antecedentes establecen un "perigoso agravio comparativo coa negativa do Concello no momento actual, ademais de supoñer un freo administrativo á dinamización do mundo rural en alarmante decadencia poblacional". En definitiva, din "unha deixadez dá imprescindible de labor municipal de facilitar todas as iniciativas de desenvolvemento aos seus veciños".

Por isto, os integrantes da asociación esixen axilizar os trámites para a certificación nun acordo plenario de Núcleo Urbano para Belesar nas normas subsidiarias de urbanismo ou ben a elaboración dunha ordenanza que facilite a apertura dalgúns negocios, sempre no mantemento do respecto ás normas urbanísticas.

"Cremos que, desta maneira solucionaríase a necesidade de servizos de alimentación e hostelería, carentes a día de hoxe en Belesar e demandados pola gran afluencia de visitantes, que contribuirían a xerar emprego e fixar poboación no noso municipio, o que debería ser tarefa prioritaria para todos os xestores do mundo rural".

0.18627190589905